Viaxamos a Israel e Alemania para coñecer as fábricas de SolarEdge e SMA

A última semana de setembro, Solarz puido viaxar ata Israel e Alemaña para coñecer de primeira man as fábricas de SolarEdge e SMA. Foi unha oportunidade única poder facer estas visitas, coñecer o funcionamento dos seus equipos de traballo e os procesos que fan posible a fabricación dos inversores.

Tanto SolarEdge coma SMA son dous dos fabricantes máis pioneiros a nivel mundial, e isto vese reflexado nas súas fábricas. Espazos de alta tecnoloxía, onde puidemos coñecer novos produtos, proxectos nos que están traballando e novas funcionalidades dos seus inversores e aplicacións de monitorización. Tivemos a gran oportunidade de poder entrar nos seus laboratorios de probas nos que testean os seus equipos en condicións extremas.

Este tipo de visitas confírmannos que traballamos cos mellores produtos do mercado, e por iso agradecemos moitísimo a oportunidade. Deixámosvos aquí algunhas das fotos máis curiosas da nosa experiencia.

Recorda que se queres empezar a aforrar e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos e faremos un estudo enerxético gratuíto da túa casa ou local neste enlace:

Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Enerxía solar e casas pasivas

Siguiente
Siguiente

Solarz na Radio Galega