Andrés Losada Andrés Losada

Solarz consigue o “Sello de Excelencia en Sostenibilidad” pola UNEF

UNEF quere consolidar o crecente compromiso que están amosando as empresas do sector fotovoltaico por elevar estes estándares, sendo proactivos na aplicación de criterios e garantías superiores aos que legalmente poidan esixir.

En 2019, a UNEF publicou as “Recomendacións de Sostibilidade”. Un documento de medidas para maximizar a integración ambiental e social das instalacións fotovoltaicas que entregaron á vicepresidenta e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e que tamén remitiron a cada un dos responsables da sustentabilidade das comunidades autónomas.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Solarz visita #GENERA2024

Os pasados martes, mércores e xoves día 6, 7 e 8 de febreiro celebrouse en Madrid a Feria Internacional de Energía y Medio ambiente; GENERA.

O equipo técnico de Solarz viaxou ata alí para coñecer de primeira man as novidades da industria relacionadas coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables. Unha experiencia moi frutífera, onde coñecemos novas marcas, coincidimos con compañeiros do sector e retomamos conversacións con fabricantes e provedores para saber máis das novidades dos seus produtos e servizos.

Se tivésemos que destacar varios aspectos, un deles sería a forte aposta dos fabricantes no almacenamento de enerxía a nivel industrial, a presencia de módulos fotovoltaicos de maior eficiencia e novos sistemas de montaxe sobre fachada moi interesantes.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

A enerxía solar volve a bater marca en España.

Este ano 2023, a enerxía renovable cubriu máis da metade da demanda eléctrica no pais. Segundo as estimacións da Rede Eléctrica (REE) a contribución destas fontes á xeración nacional supera por primeira vez a metade (50,8%) o que supón a produción de máis de 135.000 GWh.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Valoración do noso 2023

Este ano que se acaba foi un ano vibrante e cheo de cambios e crecemento en Solarz.

Comezamos o ano estreando novas instalación, cunha oficina e almacén máis grande adaptado ás nosas necesidades actuais.

Neste ano 2023 crecemos en número de instalacións realizadas e en potencia instalada respecto ao ano pasado. O que supuxo incorporar ao equipo de Solarz a novos compañeiros tanto en oficina como no equipo de montaxe e mantemento de instalacións.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Enerxía solar e casas pasivas

Sabías que as casas pasivas reducen a demanda enerxética entre un 75% e un 90%? Se a isto lle sumamos que esa enerxía que consumen sexa de orixe renovable, podemos falar de una gran opción en canto a vivenda sostenible.

Cando aparecen as casas pasivas?

Este concepto orixinouse nos anos 80 en Alemaña, onde a climatoloxía pon sobre a mesa a necesidade de considerar un tipo de vivenda de maior calidade térmica e baixo consumo enerxético. Orixinalmente non mencionaban o uso de enerxías renovables, mais os avances o longo do tempo han demostrado que a implantación destas enerxía é unha gran mellora para elas.

A baixa demanda enerxética fai que esta poida satisfacerse mediante a instalación destas enerxías renovables, un recurso limpo, inesgotable e con baixas emisión de gases.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Viaxamos a Israel e Alemania para coñecer as fábricas de SolarEdge e SMA

A última semana de setembro, Solarz puido viaxar ata Israel e Alemaña para coñecer de primeira man as fábricas de SolarEdge e SMA. Foi unha oportunidade única poder facer estas visitas, coñecer o funcionamento dos seus equipos de traballo e os procesos que fan posible a fabricación dos inversores.

Tanto SolarEdge coma SMA son dous dos fabricantes máis pioneiros a nivel mundial, e isto vese reflexado nas súas fábricas. Espazos de alta tecnoloxía, onde puidemos coñecer novos produtos, proxectos nos que están traballando e novas funcionalidades dos seus inversores e aplicacións de monitorización. Tivemos a gran oportunidade de poder entrar nos seus laboratorios de probas nos que testean os seus equipos en condicións extremas.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Solarz na Radio Galega

Cal é o custe medio dunha instalación solar? Canto tempo se precisa para amortizar esta inversión? Pódense instalar placas solares nunha comunidade de veciños? Paga a pena? Resolvemos todas estas cuestións en directo na Radio Galega.

Este xoves 31 de agosto, contactou con nós Helena López, do programa A Tarde de verán na Radio Galega. Tratamos todo tipo de temas relacionados coa enerxía solar y as instalacións solares fotovoltaicas, de forma que o oínte poida deixar resoltas as súas dúbidas máis básicas sobre esta forma de produción de enerxía, que para algúns ten aínda tantas incógnitas.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Que é a “batería virtual” ou “peto virtual”?

O peto virtual consiste en acumular os excedentes de enerxía que superan o tope máximo a compensar polo teu consumo en forma de euros para poder empregalos nos seguintes meses.

Por exemplo, en verán poderás ir encadeando facturas a 0€ debido a maior produción solar, logrando aumentar a teu peto virtual mes a mes, podendo consumilos nos meses de menor produción e aforrando así o máximo posible na túa factura da luz.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Que son os excedentes e como beneficiarte deles?

Denomínanse excedentes á enerxía producida por unha instalación fotovoltaica e que non é consumida. Este sobrante pode verterse á rede ou almacenarse en baterías para o seu posterior uso.

Se produces máis enerxía da que gastas, podes véndela a túa comercializadora enerxética, xa que esta compensará da túa factura da luz a cantidade correspondente, chegando en algunha ocasión e dependendo do contrato que teñas coa comercializadora a unha factura de 0€.

Nos casos dunha xeración enerxética maior, tamén se pode acumular a enerxía nun “peto virtual”, aforrando a enerxía para poder empregala nos próximos meses.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Canto se tarda en amortizar unha instalación?

O gran aforro que supoñen na factura da luz e a rápida amortización que ten como inversión, convirte ás instalacións solares nun imprescindible nas vivendas de nova construción, así como en grandes empresas con elevados custes de electricidade.

Explicámosvos cales son os datos de amortización dunha instalación a data de hoxe (abril, 2023) así como algúns datos de valor a ter en conta na túa instalación.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Como solicitar un estudo enerxético gratuíto.

Solicitar un estudo enerxético con nos é moi sinxelo, basta con chamar o noso teléfono, encher o noso formulario na web ou a través das nosas redes sociais. Atenderémoste e acordaremos un día para poder visitar o teu fogar.

Na visita queremos coñecer o teu caso para saber o que precisas e así deseñar unha instalación de autoconsumo ben calculada, en función das túas necesidades, do teu consumo e do espazo co que podemos contar para instalar as placas.

Procuramos e analizamos a mellor cuberta do teu fogar para instalar as placas, e tamén onde abicar os demais aparellos, de forma que non molesten na vivenda e que estean ben abicados de forma que se facilite o seu mantemento.

Leer más
Andrés Losada Andrés Losada

Solarz estrea novas instalacións.

Comezamos o ano no blog dándovos unha nova que levabamos tempo querendo anunciar; estreamos novas instalacións.

Durante estes tres anos, o noso almacén e a oficina encontrábanse distanciados, sendo isto motivo de desorganización e perdidas de tempo. O ser cada vez máis e creando novos equipos de traballo, démonos conta do necesario que era para nos agrupar oficinas e almacén, favorecendo a organización e comunicación entre o equipo, e creando unha boa sinerxía de traballo.

Leer más
Beatriz Losada Bobillo Beatriz Losada Bobillo

Un 2022 cheo de luz e grandes proxectos

A piques de pechar o 2022 en Solarz queremos facer balance. Para nós é importante mirar atrás e observar o feito para poder seguir mellorando para vós no próximo ano. Este foi un ano de cambio, por un lado seguimos ampliando o noso equipo e ademáis mudamos a unha oficina nave máis grande. Pero o máis importante é que este ano completamos máis de 100 instalacións e contribuimos a aforrar 775 toneladas de CO2, vendo como pouco a pouco Galicia estase a convertir un espacio máis sostible e limpo, porque xa sabemos que verde sempre o foi.

Leer más
Guest User Guest User

“Ou cooperamos ou perecemos”

Dende Solarz queremos facer balance da pasada Conferencia de Nacións Unidas en Exipto. O obxectivo desta COP27 era pasar das negociacións a aplicación das promesas e compromisos acordados en Glasgow o ano pasado. Despois de intensos días de negociación a sensación é como case sempre un pouco agridoce.

Leer más
Guest User Guest User

>Queres aforrar ao máximo?

A electricidade e o gas son os novos “trending topics” dos telexornais, os faladoiros da radio, os fíos de twitter e ata os Reels de Instagram. Franxas horarias, nova factura da luz, excepción ibérica… todo medidas enfocadas a paliar os fortes incrementos do prezo da luz ocasionados polo panorama político internacional, e que buscan axudar ós fogares e negocios.

Leer más
Guest User Guest User

> Sabes canto podes estar a aforrar instalando placas solares no teu negocio?

Cando pensamos en placas solares aínda moitos teñen na cabeza a imaxe dunha casa no campo ou dunha gran planta solar afastada perdida nalgún lugar , pero o certo é que a enerxía solar fotovoltaica está ao alcance de moitos negocios. Dende Solarz sabemos que se tes un negocio xa sexa grande ou pequeno, reducir os custos está sempre nos teus obxectivos, xa que gastar menos pode significar a diferencia entre manterse a flote, obter beneficios ou poder investir en outras áreas do negocio.

Leer más
Guest User Guest User

>O rendemento das placas solares coa calor

Ti tamén es dos que pensa que canto máis calor vai, maior rendemento das placas fotovoltaicas? Sentimos dicirche que iso non é así, o maior rendemento non se consegue coas altas temperaturas. Trátase dun erro moi común, estendido na poboación, pero o punto de rendemento máximo dun panel solar é cando se atopa nun ambiente temperado e non nun moi quente xa que moita calor lles afecta negativamente.

Leer más
Guest User Guest User

>Porque investir en fotovoltaica é una aposta segura

Din que o único constante na vida é o cambio, pero ás veces esta situación de incerteza trasládase en que o prezo da luz dispárase por causas alleas a nós nun mundo cada vez máis interconectado: pandemia, a guerra de Ucraína, cambio climático... Que podes facer para evitar as sorpresas a fin de mes? Pois tomar o control da enerxía a través do autoconsumo fotovoltaico. Agora máis que nunca xerar e consumir a túa propia enerxía é a mellor solución para aforrar cartos.

Leer más
Guest User Guest User

>Casas Pasivas: novas formas de vivir

En Solarz gústanos moito Galicia e sobre todo ver como “tellado a tellado” imos mudando o xeito no que xeramos e consumimos enerxía, dunha maneira máis limpa e máis respectuosa co entorno. Coidar o lugar onde nacemos e vivimos é un dos nosos obxectivos, por iso en Solarz gústanos ver como avanza en Galicia a construción de vivendas pasivas, sabes o que son?

Leer más