Somos un equipo de enxeñeiros, instaladores e personal técnico cualificado e con experiencia no campo da enerxía fotovoltaica. Tras anos de formación e experiencia laboral no campo da enerxía creamos Solarz, unha empresa que cree na enerxía solar e no autoconsumo como forza transformadora do planeta e a sociedade.

O sol é unha fonte de enerxía inesgotable e gratuíta que pode aproveitarse con módulos fotovoltaicos para xerar enerxía eléctrica nos mesmos puntos onde se consome para así evitar perdas enerxéticas no transporte de enerxía desde grandes centrais eléctricas ata os fogares e empresas. O autoconsumo é máis económico, eficiente, responsable, respectuoso co medioambiente e democrático.

O noso propósito é o teu propósito, é mellorar o mundo a través das enerxías renovables.

  • Moisés González

    COFUNDADOR

  • Andrés Losada

    COFUNDADOR

  • Jesús González

    TÉCNICO MONTADOR

  • Inés Álvarez

    ADMINISTRATIVA

  • Jorge Pardellas

    TÉCNICO MONTADOR

  • Daniel Gómez

    TÉCNICO MONTADOR

  • Iván Regalado

    ENXEÑEIRO

  • Miguel Vázquez

    TÉCNICO MONTADOR

  • Suso Núñez

    ASESOR TÉCNICO

OS NOSOS SOCIOS


No noso afán por seguir avanzando cara o uso das enerxías renovables, asociámonos con Condadogas, S.L. para ofrecer solucións integrais de aerotermia e fotovoltaica.

Condadogas é unha empresa instaladora de sistemas de calefacción e fontanería con máis de 25 anos de experiencia. A empresa ten un amplo recorrido en todo tipo de instalacións.

Co paso dos anos, gañando experiencia e adaptándose as novas necesidades, son especialistas na instalación de sistemas de aerotermia, contando con persoal propio altamente cualificado para realizar os proxectos.