>Queres aforrar ao máximo?

A electricidade e o gas son os novos “trending topics” dos telexornais, os faladoiros da radio, os fíos de twitter e ata os Reels de Instagram. Franxas horarias, nova factura da luz, excepción ibérica… todo medidas enfocadas a paliar os fortes incrementos do prezo da luz ocasionados polo panorama político internacional, e que buscan axudar ós fogares e negocios. Dende Solarz traballamos tamén para axudarte a aforrar, aconsellándote en cada paso. 


Fai un ano xustamente falabamos da nova factura da luz no noso blog coas franxas horarias, e agora está en boca de todos a chamada “excepción ibérica” implantada en España e Portugal, unha medida que busca reducir os prezos da factura eléctrica establecendo un prezo máximo ao que os gasistas poden vender a electricidade xerada con este recurso, unha medida que se implantou o pasado 15 de xuño e que estará en vigor ata o 31 de maio do 2023. Ademais, o pasado 18 de outubro o goberno lanzaba un novo paquete de medidas enerxéticas cunha nova reforma sobre a factura da luz que deberá incorporar consellos de aforro, comparación de consumo dos veciños, e que, unificará a forma de expresar a información sobre o tope do gas. 


Todas estas medidas buscan protexer ao consumidor, pero dende Solarz sabemos que a mellor medida para aforrar é apostar pola enerxía solar fotovoltaica no teu fogar o negocio, por que? Porque a maior da parte da enerxía que precisas a estarás a producir ti mesmo sen intermediarios de por medio. Sempre precisarás estar conectado á rede eléctrica para poder obter enerxía nos días que o precises,  e sobre para poder obter unha compensación polos excedentes de enerxía que vertes á rede. En Solarz estamos ó teu carón en cada paso, por iso cando rematamos a instalación ofrecémosche un servizo de asesoramento gratuíto para buscar o máximo aforro para ti ou o teu negocio. Como o facemos?

Unha vez finalizada a instalación, analizamos o consumo durante un período de tempo determinado, grazas a esta análise podemos ver con datos reais e de forma personalizada para cada fogar ou negocio o consumo e os excedentes. Con estes datos en man podémosche aconsellar con que compañía aforrarías máis, e se che compensa ou non cambiar a unha con batería virtual. A continuación na imaxe podes ver un exemplo de esta comparativa con diferentes comercializadoras como Iberdrola, Naturgy, Endesa ou Lidera Enerxía, e como sería a túa factura nos diferentes casos. 👇

En Solarz gústanos as cousas claras e sen letra pequena, por iso apostamos pola enerxía solar fotovoltaica, porque ti produces e ti consumes. Se queres comezar a aforrar e esquecerte dos cambios do mercado Solicita o teu estudo enerxético gratuíto. 

Anterior
Anterior

“Ou cooperamos ou perecemos”

Siguiente
Siguiente

> Descobre as 10 vantaxes da enerxía solar fotovoltaica