Solarz visita #GENERA2024

Os pasados martes, mércores e xoves día 6, 7 e 8 de febreiro celebrouse en Madrid a Feria Internacional de Energía y Medio ambiente; GENERA.

O equipo técnico de Solarz viaxou ata alí para coñecer de primeira man as novidades da industria relacionadas coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables. Unha experiencia moi frutífera, onde coñecemos novas marcas, coincidimos con compañeiros do sector e retomamos conversacións con fabricantes e provedores para saber máis das novidades dos seus produtos e servizos.

Se tivésemos que destacar varios aspectos, un deles sería a forte aposta dos fabricantes no almacenamento de enerxía a nivel industrial, a presencia de módulos fotovoltaicos de maior eficiencia e novos sistemas de montaxe sobre fachada moi interesantes.

Consideramos imprescindible acudir a Genera cada ano para coñecer as novidades do sector que virán e así poder dar os nosos clientes o mellor e ofrecer as solución máis actuais que se presentan.

Recorda que se queres empezar a aforrar en 2024 e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos e faremos un estudo enerxético gratuíto da túa casa ou local neste enlace:

Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Solarz consigue o “Sello de Excelencia en Sostenibilidad” pola UNEF

Siguiente
Siguiente

A enerxía solar volve a bater marca en España.