Fernando e a súa familia teñen a combinación perfecta para a súa casa: bomba de calor e fotovoltaica

 
WhatsApp Image 2021-04-19 at 16.16.56.jpeg

A súa casa ten calefacción e auga quente mediante unha bomba de calor que funciona soamente con electricidade. Gran parte da electricidade que necesita a bomba de calor e o resto da casa é provista polas placas solares fotovoltaicas. Dispoñen de 3,65 kWp de potencia e unha batería de 7,2 kWh de almacenamento que lle permite gardar a enerxía xerada e non consumida. Ademáis, os días máis nublados e que a batería non se enche coa enerxía solar, Fernando ten programada a mesma para que se encha con enerxía da Rede Eléctrica á noite, cando é máis barata, e non ter ningún gasto polo día, cando a enerxía é máis cara.

Coa bomba de calor temos auga quente e a casa sempre a temperatura que queremos e grazas á instalación fotovoltaica xeramos gran parte da enerxía eléctrica que necesita a bomba de calor e o resto de aparellos eléctricos da vivenda.” — FERNANDO VAQUEIRO