Delia e Rubio renovoron a antiga casa da aldea e optaron por aerotermia e autoconsumir enerxía solar

 
WhatsApp Image 2020-06-16 at 13.58.23.jpeg

Aproveitamos a caseta da piscina para ubicar nela 9 placas solares de 405 Wp cada unha e no seu interior ubicar o inversor solar e 3 módulos de baterías formando 7,2 kWh de almacenamento. Debido á piscina a vivenda ten un alto consumo eléctrico no verán, cando a instalación fotovoltaica máis producción ten, proporcionando máis do 50% da electricidade demandada. Ademáis, contan cunha instalación de aerotermia para a producción de calefacción no inverno e auga quente. O sistema de aerotermia dispón dunha bomba de calor que precisa enerxía eléctrica para funcionar.

Reformamos a antiga casa da aldea e mudámonos a vivir nela. O consumo eléctrico é alto o ter piscina e aerotermia, polo que o contar coas placas solares podemos aforrar bastantes cartos e con enerxía limpa.”DELIA MARTÍNEZ