O Concello de Ponteareas encargounos realizar un proxecto para coñecer as ubicacións ideais para construir instalacións fotovoltaicas nos edificios públicos da vila.

 

Levamos a cabo un estudo detallado das mellores ubicacións para alimentar con enerxía solar fotovoltaica os consumos eléctricos do Concello de Ponteareas nos siguientes edificios:

  • Concello

  • Escola Infantil Municipal

  • Praza de Abastos

  • Biblioteca Municipal

  • Conservatorio de Música

  • Parque de Bombeiros e Policía Local

  • Estación de Autobuses

En base a este estudo, deseñamos e calculamos as instalacións necesarias para abastecer da maior cantidade de enerxía solar fotovoltaica os consumos do Concello, elaborando una memoria técnica presentando todo o estudo, deseño e cálculo das instalación fotovoltaicas.

INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA PARQUE DE BOMBEIROS

Esta instalación está composta por 86 módulos fotovoltaicos de 535 Wp formando un total de 46,01 kWp de potencia, axudando a deixar de emitir máis de 430 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera durante toda a súa vida útil. A enerxía producida abastecerá ós edificios públicos do P arque de Bombeiros e ó Concello d e Ponteareas.

INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA MERCADO MUNICIPAL

Esta instalación está composta por 86 módulos fotovoltaicos de 535 Wp formando un total de 46,01 kWp de potencia, axudando a deixar de emitir máis de 410 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera durante toda a súa vida útil.

A enerxía producida abastecerá ó Mercado Municipal, á Biblioteca Pública e ó Conservatorio de Música de Ponteareas.

INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA ESTACIÓN DE AUTOBUSES

Esta instalación está composta por 48 módulos fotovoltaicos de 535 Wp formando un total de 25,68 kWp de potencia, axudando a deixar de emitir máis d e 213 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera durante toda a súa vida útil. A enerxía producida abastecerá á Estación de Autobuses e á Escola Infantil Municipal de Ponteareas.