Instalación fotovoltaica no Hospital Veterinario Abros

 

Realizamos esta instalación en O Pereiro de Aguiar (Ourense) para o Hospital Veterinario Abros.

É unha instalación formada por 56 módulos fotovoltaicos de 440 Wp que fan un total de 24,64 kWp de potencia pico. Producirá máis de 36,84 MWh ó ano, evianto máis de 205 tonelada de CO2 a atmosfera durante toda a súa vida útil. A instalación levámola a cabo en colaboración con BF Energías, consultora enerxética da cidade de Ourense.

Un dato para entender un pouquiño máis o impacto deste aforro:

1 tonelada de CO2 equivale ó consumo de gasolina dun coche estándar durante 1 ano (aproximadamente 50 litros mensuales, 5.000km ó ano). Dous árbores medianos tardan 50 anos en absorber 1 tonelada de CO2.

Outra maneira de aproveitar e consumir enerxía limpa é posible.