Instalación fotovoltaica combinada con aerotermia nas instalacións de Condadogas

 

Condadogas quixo combinar o seu sistema de aerotermia das súas instalacións cun sistema fotovoltaico e así cubrir as súas necesidades de climatización e electricidade de forma máis ecolóxica, independente e económica.

Por un lado, a aerotermia produce o calor, auga quente e refrixeración cando sexa necesario e a fotovoltaica proporciona a enerxía eléctrica para que funcione a bomba de calor da aerotermia máis o resto de consumos eléctricos das oficinas, taller e almacén.

Gracias a esta instalación iniciamos un camiño xuntos para unir sinerxias e ofrecer ós nosos clientes os beneficios de ambas tecnoloxías.

A aerotermia e a fotovoltaica son dúas formas de enerxía renovable e combinadas poden conseguir cubrir as necesidades de cimatización e enerxía eléctrica de forma autónoma.

Condadogas conta na súa cuberta con 22 módulos solares de 440 Wp para formar unha potencia de 9,68 kWp e un inversor de 8 kW de potencia nominal. A bomba de calor do sistema de aerotermia ten unha potencia de 10 kW térmicos para satisfacer a demanda de climatización das súas oficinas.