Solarz estrea novas instalacións.

Comezamos o ano no blog dándovos unha nova que levabamos tempo querendo anunciar; estreamos novas instalacións.

Durante estes tres anos, o noso almacén e a oficina encontrábanse distanciados, sendo isto motivo de desorganización e perdidas de tempo. O ser cada vez máis e creando novos equipos de traballo, démonos conta do necesario que era para nos agrupar oficinas e almacén, favorecendo a organización e comunicación entre o equipo, e creando unha boa sinerxía de traballo.

Non foi sinxelo encontrar un espazo que se adaptase as nosas necesidades actuais, unha nave con capacidade para almacenar todo o material que precisamos, e que conte cun espazo para a zona de oficina; agradable, acolledora e o con luz natural.

Despois de uns meses, podemos dicir que as novas instalacións adáptanse a perfección as nosas necesidades. O novo espazo, situado en Ponteareas, conta con oficina e almacén, o que supón un gran avance para nos, unha mellora loxística e comunicativa que nos permitirá dar un mellor servizo e atención os nosos clientes.  

Contamos cun amplo espazo de oficina, con oito postos de traballo, unha ampla sala de xuntas para reunirnos entre os membros do equipo e cos provedores que así o precisen. Pola nosa forma de traballo, somos nos os que nos desprazamos a visitar os clientes, polo que non é unha oficina o uso para recibir visitas, aínda que contamos cun espazo para poder facelo.

No almacén, contamos con dúas salas onde poder gardar de forma ordenada pequeno material; dende cables, parafusos ou equipos de seguridade. Ademais, polas súas dimensións, podemos almacenar en palés os paneis solares e os inversores, de forma que podamos dispoñer do material sempre que o precisemos.

Encántanos comezar así o ano, e esperamos poder compartir con vos moitas novas coma esta.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Como solicitar un estudo enerxético gratuíto.

Siguiente
Siguiente

Un 2022 cheo de luz e grandes proxectos