Un 2022 cheo de luz e grandes proxectos

A piques de pechar o 2022 en Solarz queremos facer balance. Para nós é importante mirar atrás e observar o feito para poder seguir mellorando para vós no próximo ano. Este foi un ano de cambio, por un lado seguimos ampliando o noso equipo e ademáis mudamos a unha oficina nave máis grande. Pero o máis importante é que este ano completamos máis de 100 instalacións e contribuimos a aforrar 775 toneladas de CO2, vendo como pouco a pouco Galicia estase a convertir un espacio máis sostible e limpo, porque xa sabemos que verde sempre o foi.

Hoxe queremos compartir con vós 5 dos proxectos que rematamos este 2022, un exemplo da variedades de instalacións que podemos facer para, como sempre adaptándonos as necesidades de cada caso:

 

Instalación en Allariz

1. Allariz

Esta é unha instalación que se montou nun muro exterior da parcela, integrándose no xardín da vivenda. Este proxecto é unha mostra da integración das placas solares aproveitando espazos inutilizados e de que aínda que os tellados das vivendas estean “mal orientados” sempre hai unha solución óptima para dispor de enerxía solar na túa vivenda.

2. Vigo

Esta vivenda destaca por unha peculiaridade que a fai moi eficiente térmica mente grazas a fotovoltaica e o seu sistema de xestión. 

O sistema de calefacción da casa é mediante chan radiante e unha bomba de calor de aerotermia. Os clientes decidíronse a instalar placas solares fotovoltaicas, en concreto unha instalación de 5 kW nominales, para reducir o seu consumo eléctrico debido a que a casa o contar cun sistema de aerotermia para a calefacción tiña un consumo eléctrico maior.

Unha vez feita a instalación fotovoltaica, instalouse un sistema de xestión que sirve para conectar a instalación fotovoltaica coa aerotermia e así aproveitar os excedentes de produción solar que non se consumen no momento para darlle a orde a bomba de calor para que utilice esa enerxía para producir ACS e así utilizala para a calefacción e as duchas da vivenda sen necesidade de coller enerxía da rede eléctrica.

Instalación en Vigo

Instalación en Bembrive

3. Bembrive

A instalación nesta vivenda é un exemplo do ecosistema enerxético de SMA para a vivenda:

  1. Como fonte de xeración de enerxía conta cunha instalación fotovoltaica formada por 18 placas solares de 485 Wp cada unha conectadas a un inversor monofásico Sunny Boy 6.0 de 6 kW de potencia. 

  2. Para almacenar a enerxía xerada e axudar a maximizar o autoconsumo dispón de un sistema de baterías de 11 kWh conectadas o inversor de baterías Sunny Boy Storage 5.0

  3. Ademais, disponse de un cargador de vehículos eléctricos SMA EV Charger 7.4 o cal é capaz de cargar o coche eléctrico do cliente de forma rápida e aproveitando a enerxía solar o máximo.

Todo o sistema está xestionado polo equipo intelixente de medida Sunny Home Manager de SMA, que fai da vivenda un fogar intelixente que aproveita a enerxía solar xerada para auto abastecerse.

4. Ponteareas

Na zona na que se encontra esta vivenda os cortes de luz son certamente habituais en determinadas épocas do ano, polo que os clientes querían dispor de enerxía incluso neses momentos nos que se quedaban sen luz. Por normativa de seguridade, unha instalación fotovoltaica de autoconsumo conectada a Rede Eléctrica deixa de funcionar no momento no que se corta o subministro de enerxía por parte da Rede Eléctrica. Polo que se instalaron baterías e unha Caixa de Respaldo ou Back-up, como lle chaman na terra de David Beckham. Esta caixa o que fai é permitir que no caso de que haxa un corte do subministro eléctrico a vivenda siga alimentada polos paneis solares e a enerxía almacenada nas baterías.

Instalación en Ponteareas

Instalación en Salvaterra do MIño

5. Salvaterra do Miño

Gústanos facer instalacións que melloren o noso tecido industrial local, polo que estamos orgullosos de poder facer desta empresa de produción de derivados da madeira unha empresa máis eficiente enerxéticamente grazas a instalación fotovoltaica de 216 paneles de 540 Wp que axudan a reducir o seu consumo en máis do 40 %.

 

Ante todo queremos agradecer a confianza de todos os nosos clientes e brindar por un 2023 cheo de retos e novos proxectos nos que seguir traballando con ilusión e ir cambiando Galicia “tellado a tellado”

Dende Solarz desexamosvos unhas felices festas e próspero Aninovo 

Anterior
Anterior

Solarz estrea novas instalacións.

Siguiente
Siguiente

“Ou cooperamos ou perecemos”